viernes, 27 de septiembre de 2013

A vida segue en Millo e Landras

  A vida segue en Millo e Landras... e inda que os cursos de cociña deixaronnos moi bo sabor de boca, non deixamos de lado as outras tareas coma a de recoller as plantas aromáticas,...¡non queremos que se nos pase o dévalo da lúa!

Lavanda, menta, tomillo, herbaluisa, oregano, albahaca,...¡que especial o mundo dos olores!

Na foto estamos a pensar cómo facer os saquiños perfumados que nos acompañen no armaio durante o inverno...¡cantas máis cabeciñas mellor!

A vida segue tamén e a familia crece...presentamosvos á nova familia numerosa de Millo e Landras...


 16 parrulos que tivo fai uns días a nosa seguda mamá pata...menos mal que non tiñamos pensado poñerlles nome a todos...

Xa se fixeron un oco no estanque da Escola de Agricultura Ecolóxica, qué gracioso velos sumerxirse por primeira vez no auga... ¡e que sinxelo aprender a nadar para eles!
A nosa mastina, Mara, aprendeu a respetalos xa, gracias ó valor de mama pata que lle planta cara incluso a un can tres veces maior que ela... os polos son os que teñen que aceptalos un pouquño máis... que é con quen comparten casiña pola noite.










Na foto, Victor pechando ás galiñas no galiñeiro, tamén compañeiras de xogo de polos e patos













E falando de familias numerosas... non esquecemos ós máis habituais da nosa granxa...




¿Lembrádesvos como eran nada máis nacer?



Adorables, ¿verdade?





Pois como tódolos cativos crecen antes de que as nais se den conta, e hai que aguantar a súa adolescencia con tódalas consecuencias,... escapadas nocturnas, festas da cebada (o que quere dicir atopar toda a comida desperdigada polo chan e ós porcos mirándonos con cara de culpabilidade dende o outro lado), rellertas entre irmans,...cousas da idade







No hay comentarios:

Publicar un comentario