jueves, 31 de octubre de 2013

jueves, 17 de octubre de 2013

Dia de moito, véspera de nada: Galicia sen petróleo

Tanto se o queremos ver como non, estamos a exprimir os recursos do planeta a unha velocidade que non da lugar a ningun tipo de rexeneración.
O cenit da extracción mundial do petróleo é un fenómeno que imos a ter que afrontar como sociedade, o noso modo de vida vai a ter que cambiar radicalmente para aprender a vivir dunha maneira máis sostible e respetuosa co noso medio ambente.
A Asociación véspera de nada acaba de publicar unha guía que nos axuda neste proceso, "Guía para o descenso enerxético".  Victor e Marta estiveron con eles, apoiando esta iniciativa, e aqui vos deixamos o vídeo que o documenta. Se queredes colaborarpara que este proxecto saia adiante,podedes informarvos en: http://galiza.pospetroleo.com/vespera-de-nada/

miércoles, 9 de octubre de 2013

Mercado Entre Lusco e Fusco

Cun nome tan especial,...tiña que ser un mercado especial... Entre Lusco e Fusco é o mercado ó que acudimos tódolos martes pola tarde, a partir de agora en horario de cinco a nove, no Parque de Belvís de Santiago de Compostela. Se queredes botarlle un óllo cibernéticamente, aqui vos deixamos o enlace no facebook https://www.facebook.com/mercadoentreluscoefusco?ref=hl , pero moito mellor é que vos padeses por alí e disfrutedes do encanto dun mercado exclusivamente local, ecolóxico, artesano e de comercio xusto situado nun dos parques mais bonitos da cidade.

Vos mostramos alguns dos productos que levamos...cada cousiña no seu tempo claro!
empanada de berza e queixo, ou de pisto, carne, según encargo,...

bolos de pan de espelta

Queixo curado

frambuesas e outros frutos do bosque

tomates e productos da horta de tempada
setas, champiñons,...
e sempre, sempre,...queixiño fresco...